Ir o contido principal
MAIOS

Caldas de Reis convoca a “Festa dos Maios 2026” para promover a tradición e a creatividade popular

O Concello de Caldas de Reis abre a convocatoria da “Festa dos Maios 2026”, unha cita tradicional que busca fomentar o interese polas actividades culturais populares e preservar o patrimonio galego.

Poderán participar asociacións culturais, centros educativos, colectivos veciñais, grupos e persoas a título individual. Cada “maio” deberá contar cun mínimo de catro integrantes, sen límite de idade.

A inscrición realizarase o propio día do evento, o 1 de maio de 2026, media hora antes do inicio (12:00 h), na Praza das Palmeiras. Será necesario entregar a ficha de inscrición e catro copias das coplas.

Premios:

  • Tres premios de 200 € nas categorías de:
    • Mellor maio engalanado
    • Mellor copla
    • Mellor interpretación
  • Posible accésit de 200 €
  • Premio de participación de 60 € para os non premiados (ata un máximo total de 600 €)

Valoración do xurado:

  • Teranse en conta aspectos como a retranca, o inxenio, o ritmo, o vestiario tradicional e a posta en escena.

Outros datos:

  • As bases completas poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS 901003) e na sede electrónica municipal. BOPPONTEVEDRA
  • As persoas premiadas deberán presentar o xustificante no Concello nun prazo máximo de 30 días para recibir o pagamento por transferencia.

Comments