Proxecto Suma Talento Verán Activo no Concello de Cariño
O obxecto das presentes bases consiste na regulación do procedemento de selección, mediante oposición, de un (1) traballador/a desempregado/a (1 peón de limpeza e desbroce de camiños e vías forestais), ao abeiro da Orde do 22/01/2026 que regula as subvencións para o fomento de emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo para o ano 2026. Todo isto conforme o disposto na Lei 30/1984, do 2 de agosto, de Medidas para a Reforma da Función Pública, na Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, na Lei 2/2015, de 29 de abril, de emprego público de Galicia, no Real Decreto 886/1991, de 7 de xullo, e demais normas concordantes de aplicación.
As condicións para inscribirse pódense consultar nas bases detalladas no enlace inferior.
As instancias para participar no proceso de selección dirixiranse á Alcaldía-Presidencia da Corporación, segundo modelo de declaración responsable que se establece no Anexo I.
O prazo para a presentación de instancias remata despois de transcorridos tres días hábiles dende a publicación do anuncio no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/30/2026_0000002668.html




Comments