Ir o contido principal

Dúas prazas de Peóns no Concello de Cerdido

As presentes bases teñen por obxecto regular o procedemento de selección de dúas persoas desempregadas, en situación de risco de exclusión social para a súa posterior contratación coma peóns para a prestación de servizos municipais básicos, no marco da subvención que lle foi concedida ao Concello de Cerdido pola Deputación Provincial da Coruña para fomentar o emprego nos concellos ao abeiro das Bases reguladoras do programa de axudas á contratación de persoal para a execución de obras e servizos municipais dos concellos da provincia (PEL-CONCELLOS 2026), incluído no Plan de Emprego Local.

As condicións para presentarse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días hábiles, a contar dende a toma de contacto telefónico por parte do Concello ás persoas remitidas pola oficina pública de emprego.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/04/30/2026_0000002647.html

Comments