Ir o contido principal
laudas

VI MOSTRA DE ALUMNADO LAUDAS CALAMITY

Antes da obra: “o adestramento”

Celebramos o noso décimo aniversario cunha proposta expositiva pouco habitual: “Antes da obra: o adestramento”, unha mostra que pon o foco non nas obras rematadas, senón en todo o que acontece antes de que existan.

Para conmemorar este percorrido, a exposición abre ao público o interior do laboratorio e do centro, amosando por primeira vez os exercicios, probas e procesos que normalmente permanecen ocultos.

A mostra reúne traballos do alumnado de diferentes idades, desde libros de artista e debuxos ao carboncillo ata técnicas como o témpera, o gravado ou a cianotipia, xunto con propostas experimentais vinculadas á luz e á imaxe. Máis ca unha exposición ao uso, preséntase como un arquivo vivo da aprendizaxe: un percorrido pola dúbida, o erro, a repetición e o descubrimento.

Lonxe da idea de talento inmediato, en Laudas Calamity reivindicamos o adestramento como base de calquera práctica artística. “Antes da obra: o adestramento” propón así unha ollada honesta sobre como se constrúe un artista, facendo visible o traballo previo, o ensaio e a procura que fan posible calquera resultado final.

Con esta exposición non só celebramos unha década de actividade, senón que tamén compartimos coa comunidade o valor dun ensino artístico centrado no pensamento, a experimentación e a construción dunha voz propia.

Nada do que hai aquí é definitivo.
Pero sen todo isto, non hai obra.

Agardámosvos!!!! 🎉
#LaudasCalamity

Comments