O Concello da Veiga convoca un posto técnico de inclusión laboral financiado polo FSE+
- Convocatoria dun proceso selectivo para a contratación laboral temporal dun/ha técnico/a de inclusión laboral e transición ao emprego.
- Programa:
Actuación “Persoas sen fogar – Inclusión sociolaboral e transición ao emprego (IIB)”, no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027.
- Número de prazas:
1 posto.
- Modalidade de contratación:
Laboral temporal vinculada á execución do programa subvencionado.
- Duración:
Ata o 30/04/2027.
- Xornada:
Completa.
- Sistema selectivo:
Concurso de méritos.
- Presentación de solicitudes:
- Prazo: 10 días naturais desde a publicación no BOP.
- Lugar:
- Sede electrónica municipal.
- Rexistro municipal (Praza do Concello, nº 1).
- Outros medios legais.
- Publicación das bases:
No taboleiro de anuncios, páxina web e sede electrónica do concello.
Comments