Ir o contido principal

Varias prazas de condutor de motobomba no Concello de Noia.

É obxecto das presentes bases a regulación da convocatoria e do procedemento de selección, polo sistema de concurso-oposición, para a constitución dunha bolsa de emprego destinada á contratación en réxime de dereito laboral temporal de persoas coa categoría de condutores de vehículos motobomba para a defensa e extinción de incendios forestais (no sucesivo, VMB) nas modalidades contractuais, segundo proceda, previstas nos puntos 2 e 3 do artigo 15 do Real Decreto Lexislativo 2/2015, de 23 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos Traballadores, desenvolvida no Real Decreto 2720/1998, de 18 de decembro, polo que se desenvolve o artigo 15 do Estatuto dos Traballadores en materia de contratos de duración determinada.

As condicións de inscrición poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo para presentar as solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria do proceso selectivo no Boletín Oficial da Provincia de A Coruña. Se o prazo expirase en día inhábil, entenderase prorrogado o prazo ata o primeiro día hábil seguinte.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/06/2026_0000002757.html

Comments