Ir o contido principal

Forcarei abre o prazo para crear bolsas de emprego de oficial fontaneiro, condutor-desbrozadora e encargado de obras e servizos

O Concello de Forcarei aprobou as bases específicas para a creación de bolsas de emprego nas categorías de oficial fontaneiro, condutor-desbrozadora e encargado de obras e servizos. O acordo foi adoptado pola Xunta de Goberno Local o pasado 29 de abril de 2026.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.

As persoas interesadas poden consultar as bases completas e a documentación necesaria nas oficinas municipais e no Taboleiro de Anuncios da sede electrónica do Concello de Forcarei.

Sede electrónica do Concello de Forcarei

Os sucesivos anuncios relacionados con estas convocatorias publicaranse tamén na sede electrónica municipal e no Taboleiro de Anuncios.

Comments