Ir o contido principal
cambados

Cambados convoca axudas para ensino e transporte escolar no curso 2026/2027

O Concello de Cambados publicou a convocatoria de axudas para ensino e transporte correspondente ao curso 2026/2027, destinada a familias con menos recursos económicos e colectivos con carencias económicas do municipio.

O obxectivo destas subvencións é establecer un réxime compensatorio de carácter social para contribuír a sufragar os gastos derivados da escolarización pública, ensinanzas artísticas e formación universitaria.

A convocatoria conta cunha dotación máxima de 27.000 euros con cargo ao orzamento municipal de 2026. A contía individual das axudas determinarase segundo a puntuación obtida polas persoas solicitantes e os criterios establecidos nas bases reguladoras.

O prazo de presentación de solicitudes permanecerá aberto desde o día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra ata o 30 de xullo de 2026.

As bases completas e toda a información relacionada coa convocatoria poden consultarse na Base de Datos Nacional de Subvencións e na sede electrónica municipal.

Base de Datos Nacional de Subvencións

Sede electrónica do Concello de Cambados

Os sucesivos anuncios publicaranse no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello.

Comments