Ir o contido principal
FERVENZA

Aberto o prazo para os Cursos Intensivos de Monitor/a de Tempo Libre da ETL Fervenza en Teixeiro

A Escola de Educación no Tempo Libre FERVENZA anunciou a convocatoria de dous Cursos Intensivos de Monitor/a de Tempo Libre que se desenvolverán no mes de xullo de 2026 en Teixeiro (Curtis), combinando formación presencial e formación en liña.

Os cursos realizaranse do 1 ao 26 de xullo de 2026 en réxime de acampada no Centro Etnográfico do Río Mandeo, en Teixeiro. A formación estará adaptada ao modelo mixto autorizado pola Instrución do 1 de xuño de 2020 da Dirección Xeral de Xuventude, permitindo compatibilizar sesións presenciais con contidos impartidos a distancia.

Segundo comunicou o director da escola, Iván Fernández Alfonso, as sesións online corresponderán ás áreas de Psicosocioloxía, Educación para a Saúde e Organización e Recursos (Lexislación), respectando os límites establecidos pola normativa vixente.

A metodoloxía empregada será dinámica, participativa e práctica, utilizando ferramentas de teleformación como videoconferencias, correos electrónicos, chats de apoio, visualización e análise de vídeos e textos, así como tarefas de investigación e exercicios prácticos titorizados.

A ETL FERVENZA declarou tamén que dispón dos medios técnicos e do material virtual necesario para garantir unha formación activa, interactiva e de calidade para todo o alumnado participante.

Quendas previstas

  • Quenda 1
    • Formación online: do 1 ao 3 e do 14 ao 20 de xullo
    • Formación presencial: do 4 ao 13 de xullo
  • Quenda 2
    • Formación online: do 7 ao 12 e do 23 ao 26 de xullo
    • Formación presencial: do 13 ao 22 de xullo

Información e inscricións

As persoas interesadas poden solicitar máis información a través do teléfono 606 32 16 36 ou do correo electrónico: escolatempolibrefervenza@gmail.com.

Comments