Ir o contido principal

Sarreaus convoca o proceso selectivo para o persoal do Obradoiro “Carreiro Ladrón V”

O Concello de Sarreaus aprobou as bases que rexerán o proceso selectivo para a contratación do persoal directivo, docente e de apoio do proxecto de Obradoiro “Carreiro Ladrón V”, promovido conxuntamente cos concellos de Trasmiras e Laza.

A convocatoria foi aprobada mediante acordo da Xunta de Goberno Local do 30 de abril de 2026.

As prazas convocadas corresponden a persoal laboral temporal cunha duración prevista de nove meses.

Os postos ofertados inclúen dirección, persoal administrativo e persoal docente.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días naturais contados a partir do seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Sarreaus, en horario de 09:00 a 14:00 horas, de luns a venres, así como en calquera das modalidades previstas na Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas.

As persoas interesadas poden obter máis información e consultar as bases específicas nos taboleiros de anuncios, páxinas web e sedes electrónicas dos concellos participantes:

  • Concello de Sarreaus
  • Concello de Trasmiras
  • Concello de Laza

Comments