Subvencións para as festas patronais no Concello de Arteixo
O obxecto destas bases é o de apoiar ás Comisións e asociacións de festas do Concello de Arteixo na organización de festas catalogadas como patronais e as catalogadas como non patronais, romarías ou asimiladas que se celebran, dentro do calendario festivo tradicional, nas parroquias que conforman o Concello de Arteixo, co fin de por en valor un uso activo do tempo de lecer e mantemento das tradicións de Galicia.
As condicións para presentarse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de solicitudes será de un mes desde a publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia, a través da BNDS, segundo o apartado 7 das Bases reguladoras.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/08/2026_0000002841.html




Comments