Dúas prazas de Peón e outra de albanel de no Concello de Monfero
Esta convocatoria ten por obxecto a contratación laboral temporal dun Oficial Albanel e dun Peón a tempo completo, coa finalidade de realizar os traballos descritos na memoria denominada “EXECUCIÓN DE TRABALLOS DE MANTEMENTO EN EDIFICIOS E INSTALACIÓNS MUNICIPAIS, LIMPEZA DOS ENTORNOS E CONSTRUCIÓN DE TAXEAS” vinculada á subvención que concede a Deputación Provincial a través do programa PEL CONCELLOS 2026 para a execución de obras e servizos mínimos municipais para concellos da provincia de menos de 20.000 habitantes.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.
As instancias solicitando tomar parte no proceso selectivo, presentaranse, no modelo oficial ou normalizado que figura como anexo I ou II destas bases, segundo o posto ao que se opte, dirixidas á Alcaldía da Corporación, durante o prazo de 10 días hábiles, contados dende o seguinte hábil ao da publicación do anuncio da convocatoria no BOP.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/11/2026_0000002901.html




Comments