A Escola de Tempo Libre Fervenza organiza en Curtis dous cursos de Monitores/as de Actividades de Tempo Libre este verán
A Escola de Tempo Libre Escola de Tempo Libre Fervenza desenvolverá durante o mes de xullo de 2026 dous cursos de Monitores/as de Actividades de Tempo Libre no Centro Etnográfico Río Mandeo, en Teixeiro, no concello de Curtis.
O primeiro curso celebrarase do 1 ao 20 de xullo e estará dirixido por Gael Fernández Castro. Pola súa banda, o segundo curso desenvolverase entre o 7 e o 26 de xullo baixo a coordinación de Rogelio Novo González.
Ambas accións formativas combinarán sesións presenciais e actividades en liña, cun programa centrado na formación de futuros/as monitores/as de tempo libre. Entre os contidos previstos figuran módulos de organización e recursos, educación para a saúde, animación sociocultural, xogos, campismo, educación ambiental, expresións, veladas, orientación, metodoloxía educativa, dinámica de grupos e psicoloxía evolutiva.
O equipo docente estará integrado por profesionais como Iván Fernández, Manolo Castro Lima, Alberto Vázquez Hernández, Penélope Aranda Ortega e Luis Alonso.
Os cursos incluirán tamén actividades prácticas, titorías, avaliación continua, elaboración de memorias e exames finais antes da clausura das accións formativas.
Teléfono de contacto: 606 321 636




Comments