Ir o contido principal
ilustrar

Premios internacionais albúms ilustrados no Concello de Santiago de Compostela

As bases desta convocatoria teñen como finalidade fomentar a produción artística e literaria destinada ao público infantil e xuvenil.

Poderán participar unha ou varias persoas, autoras de texto e ilustración de calquera nacionalidade. Excluiranse as persoas gañadoras das anteriores edicións e persoas traballadoras ou extraballadoras da editorial Kalandraka.

O prazo de presentación dos orixinais ábrese coa publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia da Coruña e remata o 15 de maio de 2026.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/11/2026_0000002906.html

 

Comments