Ir o contido principal
danza clásica

Tres premios á excelencia na danza clásica no Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña

O obxecto da presente convocatoria é a concesión de tres premios á excelencia na danza clásica do alumnado do Conservatorio Profesional de Danza desta Deputación.

Poderá participar na presente convocatoria de premios o alumnado do Conservatorio Profesional de Danza da Deputación da Coruña que obtivese nota de sobresaínte ou matrícula de honra na materia de danza clásica no presente curso.

O prazo de presentación das solicitudes determinarase no anuncio de publicación da convocatoria dos premios no BOP da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións e remata o día 31 de maio de 2026 ás 14:00 horas.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/12/2026_0000002873.html

Comments