Ir o contido principal
axudas estudos

Axudas ó Estudo no Concello de Carral

O obxecto destas axudas é establecer axudas complementarias para a financiación parcial de gastos ocasionados pola adquisición de libros de texto, material escolar, gastos de comedor escolar, transporte por estudos e gastos por pago de tasas e matrículas do alumnado matriculado en estudos de 2º ciclo de educación infantil, de educación postobrigatoria (ciclos formativos, bacharelato ou similares), ou dos estudos universitarios oficiais que se indican, durante o curso académico 2025/2026.

Poderán ser beneficiarios/as das axudas previstas nestas bases os/as estudantes nos que concorran os requisitos seguintes: estando empadroados/as no concello de Carral e dispor de DNI/NIF/NIE, as persoas que se atopen matriculadas en calqueira ensinanza obrigatoria, ademáis de infantil, bacharelato, FP Básica ou estudos universitarios, sempre que o centro sexa público ou concertado.

O prazo de presentación de solicitudes será de quince días hábiles que se contarán dende o día seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS).

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/12/2026_0000002941.html

Comments