Ir o contido principal
festa cultural

Actividades culturais para o sector profesional no Concello de Santiago de Compostela

Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas persoas e entidades dedicadas profesionalmente á produción de actividades culturais e artísticas do concello de Santiago de Compostela durante o ano 2026.

As actividades subvencionables son todas aquelas: que teñan carácter cultural, non estrutural, que se executen dentro do termo municipal de Santiago de Compostela, e que sexan abertas ao público, que beneficien colectividades xenéricas de persoas e non estean destinadas exclusivamente a persoas socias, partícipes ou clientes da solicitante.

O prazo para presentar as solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña e e será de 15 días naturais.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/12/2026_0000002920.html

Comments