Subvencións para actividades culturais no Concello de Santiago de Compostela
Esta convocatoria de subvencións ten por obxecto o fomento das actividades culturais organizadas polas asociacións culturais do concello de Santiago de Compostela durante o ano 2026.
As actividades subvencionables son todas aquelas: que teñan carácter cultural, que se executen dentro do termo municipal de Santiago de Compostela, e que sexan abertas ao público, que beneficien colectividades xenéricas de persoas e non estean destinadas exclusivamente a persoas socias da entidade.
O prazo de presentación de solicitudes iniciarase a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no BOP da Coruña e será de 15 días naturais.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/12/2026_0000002921.html




Comments