Ir o contido principal

Vilalba convoca unha praza de técnico/a de Medio Ambiente e outra de encargado/a de servizos múltiples

O Concello de Vilalba publicou no Boletín Oficial da Provincia de Lugo a convocatoria e as bases para cubrir unha praza de técnico/a de Medio Ambiente como funcionario/a interino/a e unha praza de encargado/a de servizos múltiples mediante promoción interna.

No caso da praza de técnico/a de Medio Ambiente, o posto corresponde ao grupo A2 e cubrirase mediante o sistema de concurso-oposición libre. A convocatoria responde á necesidade de cubrir unha vacante incluída na oferta pública de emprego de 2025. O prazo de presentación de solicitudes será de dez días naturais desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

As persoas aspirantes deberán contar con titulación universitaria relacionada co ámbito ambiental, biolóxico, forestal ou técnico, ademais de cumprir os requisitos establecidos nas bases. O proceso selectivo incluirá probas teóricas, prácticas e unha fase de concurso de méritos.

Por outra banda, o Concello tamén convoca unha praza de encargado/a de servizos múltiples, pertencente ao grupo laboral III e grupo funcionarial de equivalencia C1, mediante promoción interna e sistema de concurso-oposición.

Esta praza está incluída na oferta pública de emprego correspondente ao exercicio 2024 e está dirixida ao persoal laboral fixo do Concello que cumpra os requisitos de antigüidade e categoría establecidos nas bases.

As bases completas das dúas convocatorias poden consultarse no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Comments