Ir o contido principal

Praza de coordinadora de limpeza forestal no Concello de Curtis

Mediante Decreto da Alcaldía núm. 273/2026 do 08/05/26 aprobáronse as bases do proceso selectivo para a selección dunha persoa coordinadora e elaboración dunha lista de reserva para o obxecto “limpeza forestal” no Concello de Curtis mediante o sistema de oposición.

As bases íntegras e o modelo de solicitude están a disposición dos/as interesados/as na páxina web (www.curtis.gal) e no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Curtis (https://sede-curtis.gal).

O prazo de presentación de solicitudes será de 5 días hábiles a contar dende o día seguinte á publicación do presente anuncio.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/13/2026_0000002999.html

Comments