Ir o contido principal
valedor pobo

2 Bolsas no Valedor do Pobo

Convócanse dúas bolsas para contribuír á formación práctica de persoas con diversidade funcional psíquica no Valedor do Pobo.


Requisitos
Poderán ser beneficiarias destas bolsas as persoas que acrediten reunir os seguintes requisitos:


• Ser española ou nacional dun Estado membro da Unión Europea ou daqueles estados aos cales, en virtude de tratados internacionais, sexa aplicable a libre circulación de persoas.
• Ser persoas con discapacidade psíquica.
• Posuír un grao universitario ou equivalente.
• Ter un coñecemento do galego como idioma propio de Galicia cun nivel Celga 4 ou equivalente.
• Non ter sido beneficiario/a dunha bolsa nesta institución.


As persoas beneficiarias da bolsa disporán de:
a) Unha asignación de 17.400 € brutos anuais, que se percibirán logo de finalizado cada mes do prazo da súa duración, a razón de 1.450 € mensuais, suxeitos á retención que legalmente proceda.

As bolsas terán a duración dun ano, desenvolveranse de forma simultánea e non poderán ser prorrogadas.
Ao finalizar entregarase un certificado acreditativo.

Prazo de presentación; do 15 de maio ao 4 de xuño.

Máis información: DOG 13/05/2026
 

Comments