Ir o contido principal

Tres prazas de Peóns forestais no Concello de Brión

Mediante decreto de alcaldía de data 11 de maio de 2026, aprobáronse a convocatoria e as bases reguladoras para a provisión, polo sistema de selección de concurso-oposición de tres (3) peóns/peoas forestais, persoal laboral temporal, mediante presentación de oferta de emprego no Servizo Público de Emprego de Galicia ao abeiro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo 2026 da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

As bases reguladoras pódense consultar no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica do concello, https://sede.concellodebrion.gal/ e na páxina web https://www.concellodebrion.gal/.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/15/2026_0000003042.html

Comments