Tres Peóns forestais para vehículo motobomba no Concello de Touro
A convocatoria ten por obxecto contratar 3 peóns forestais encargados/as do manexo e actuación do vehículo motobomba, a xornada completa, por un periodo de tres meses a contar dende a data de inicio do contrato, ao abeiro do Convenio entre a Consellería de Medio Rural e o Concello de Touro para a realización de accións de prevención e defensa contra os incendios forestais durante os anos 2025-2026, cofinanciado parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (FEADER) no marco do Plan Estratéxico da Política Agraria Común (PEPAC) 2023-2027.
As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.
O prazo de presentación de instancias será de dez días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Se o derradeiro día fose inhábil o prazo rematará ao seguinte día hábil.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/15/2026_0000003039.html




Comments