Ir o contido principal
educación axudas

Prestacións asistenciais para benestar social e bolsas para educación no Concello de Ferrol

De conformidade coas competencias que atribúe aos concellos a Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do Réxime Local, así como a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia, é obxecto desta convocatoria regular a concesión de prestacións económicas a escolarización asi como do servizo de comedor escolar, na modalidade presencial de luns a venres e durante o período lectivo do curso escolar 2026/2027, para o alumnado empadroado no Concello de Ferrol.

Serán beneficiarios os menores escolarizados nos centros de ensino (públicos e concertados) da cidade de Ferrol que estean matriculados nos cursos referidos para cada unha das liñas de prestacións e reúnan os requisitos esixidos nestas bases.

Os/as solicitantes deberán presentar a súa instancia coa documentación requirida en cada caso, no rexistro xeral do Concello ou tramitala por calquera das formas previstas no art. 16.4 da Lei 39/2015 de procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de 15 días hábiles a contar dende o seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia e no Taboleiro de edictos da Sede electrónica municipal.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/15/2026_0000002995.html

Comments