Ir o contido principal
tecnología educativa

Subvencións de mantemento de equipo tecnolóxico educativo no Concello de Arteixo

As presentes bases teñen por obxecto regular a concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, destinadas a financiar actuacións de mantemento, conservación, reparación e actualización técnica básica do equipamento tecnolóxico enmarcado preferentemente nas convocatorias de Arteixo Innovación nos centros educativos públicos situados no termo municipal de Arteixo, entendendo como talles aqueles cuxa titularidade, xestión e financiamento corresponde á administración e nos que se oferten ensinos do segundo ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional.

Para ver actividades subvencionabeis e condicións para inscribirse, consulte as bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes presentaranse no prazo e forma que se establezan na convocatoria, conforme o modelo normalizado que se aprobe ao efecto.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/19/2026_0000003116.html

Comments