Ir o contido principal

Convocatoria e bases de selección para cubrir 5 postos de traballo de persoal laboral temporal (1 xefe/a, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas) da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais no Concello de Xunqueira de Ambia

Número e denominación dos postos: 1 xefe/a, 1 peón/peoa condutor/a e 3 peóns/peoas da brigada de prevención e defensa contra incendios forestais do Concello de Xunqueira de Ambía

Bases da convocatoria: poderanse obter nas oficinas municipais e no apartado de emprego público da sede electrónica municipal https://xunqueiradeambia.sedelectronica.es

Prazo de presentación de solicitudes: 5 días hábiles, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no BOP, no rexistro do Concello de Xunqueira de Ambía (Praza San Rosendo, 1, 32670 Xunqueira de Ambía), en horario de 9 a 14 horas, ou por calquera outro medio admitido en dereito.

Máis información aquí: https://bop.depourense.es/portal/anuncio/350854

Comments