Axudas para alumnado con necesidade específica de apoio educativo no curso 2026/2027
O Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes publicou a convocatoria de axudas e subsidios destinados ao alumnado con necesidade específica de apoio educativo (NEAE) para o curso 2026/2027. A medida busca garantir a igualdade de oportunidades e apoiar economicamente ás familias nos gastos derivados da escolarización.
As axudas están dirixidas a alumnado con discapacidade, trastornos graves da conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastorno do espectro autista (TEA) e altas capacidades intelectuais.
Principais modalidades de axuda
- Axudas directas para ensino, transporte, comedor, residencia e material didáctico.
- Axudas para reeducación pedagóxica ou da linguaxe.
- Subsidios para familias numerosas.
- Subsidio fixo de 400 euros para gastos xerais adicionais asociados á escolarización.
- Axudas específicas para programas destinados a alumnado con altas capacidades intelectuais.
Contías máximas
- Ensino: ata 862 euros.
- Transporte interurbano: ata 617 euros.
- Comedor escolar: ata 574 euros.
- Residencia escolar: ata 1.795 euros.
- Reeducación pedagóxica ou da linguaxe: ata 913 euros por cada modalidade.
- Material didáctico: ata 204 euros segundo a etapa educativa.
Prazo de presentación
O prazo de solicitude permanecerá aberto desde o 19 de maio de 2026 ata o 10 de setembro de 2026 ás 15.00 horas.
Como presentar a solicitude
As solicitudes deberán tramitarse de forma telemática a través da sede electrónica do Ministerio de Educación:
As persoas interesadas deberán cubrir o formulario, asinalo electronicamente e achegar a documentación acreditativa correspondente.




Comments