Ir o contido principal

Ames abre o proceso selectivo para contratar tres peóns/as de medio ambiente ao abeiro do programa PEL Concellos 2026

O Concello de Ames convocou un proceso selectivo para a contratación temporal de tres peóns/as de medio ambiente destinados á Concellería de Xestión do Medio Natural, Atención ao Rural e Patrimonio, dentro do programa provincial PEL Concellos 2026.

Características dos postos

As contratacións realizaranse mediante contrato temporal para a mellora da ocupabilidade e inserción laboral, cunha duración de 8 meses.

  • Postos ofertados: 3 peóns/as forestais.
  • Xornada: completa.
  • Salario: 1.420,31 euros brutos mensuais, sen incluír pagas extraordinarias.
  • Grupo profesional: C3 (agrupacións profesionais).
  • Duración: ata finais da anualidade 2026.

Funcións principais

As persoas seleccionadas desenvolverán tarefas relacionadas co medio natural e a prevención ambiental, entre elas:

  • Tratamentos silvícolas.
  • Prevención de incendios e mantemento de faixas de seguridade.
  • Limpeza e reparación de pistas e camiños.
  • Mantemento de sendas.
  • Colocación de sinais e carteis.
  • Traballos en viveiro forestal.
  • Control de vertedoiros.
  • Actuacións na Aula da Natureza.

Requisitos das persoas aspirantes

As persoas candidatas deberán:

  • Estar desempregadas e inscritas como demandantes de emprego.
  • Pertencer a algún colectivo con dificultades de inserción laboral.
  • Contar co certificado de escolaridade ou equivalente.
  • Dispoñer do carné de conducir B.
  • Acreditar o nivel CELGA 1 ou equivalente.

Entre os colectivos prioritarios inclúense mulleres, menores de 30 anos, maiores de 45 anos, persoas desempregadas de longa duración, persoas con discapacidade, vítimas de violencia de xénero ou fogares sen emprego, entre outros.

Prazo de presentación

As solicitudes poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Ames ou polos medios previstos na normativa vixente no prazo de cinco días naturais desde o día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Sistema selectivo

O procedemento realizarase mediante concurso-oposición libre. As listas de persoas admitidas, datas de exames e demais anuncios publicaranse na sede electrónica e na páxina web municipal.

Comments