Ir o contido principal

O Concello de Bande convoca cinco prazas para unha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais

O Concello de Bande publicou a convocatoria e as bases de selección para a contratación temporal de persoal destinado á formación dunha brigada de prevención e defensa contra incendios forestais.

Prazas convocadas

  • 1 xefe/a de brigada
  • 1 peón/a condutor/a
  • 3 peóns/as forestais

Tipo de contrato

  • Contratación laboral temporal
  • Xornada completa
  • Duración de tres meses

Sistema de selección

  • Concurso-oposición

Retribucións mensuais brutas

  • Xefe/a de brigada: 1.593,67 euros/mes
  • Peón/a condutor/a: 1.474,49 euros/mes
  • Peóns/as forestais: 1.424,50 euros/mes

As cantidades inclúen a parte proporcional da paga extra.

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

As instancias deberán presentarse:

  • No Rexistro do Concello de Bande
  • Ou por calquera dos medios admitidos legalmente

Bases da convocatoria

O texto completo das bases está dispoñible:

Comments