Ir o contido principal

O Concello de Vilar de Barrio convoca dez prazas para dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais

O Concello de Vilar de Barrio publicou a convocatoria para a contratación temporal de persoal destinado á formación en 2026 de dúas brigadas de prevención e defensa contra incendios forestais.

Prazas convocadas

  • 2 xefes/as de brigada
  • 2 peóns/as condutores/as
  • 6 peóns/as de brigada

Tipo de contrato

  • Contratación laboral temporal
  • Xornada completa
  • Duración de tres meses

Sistema de selección

  • Concurso de méritos

Prazo e lugar de presentación de solicitudes

As persoas interesadas poderán presentar as solicitudes no prazo de cinco días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no BOP.

As instancias deberán presentarse:

  • No rexistro do Concello
  • Ou por calquera dos medios admitidos legalmente

Bases da convocatoria

O texto completo das bases de selección está dispoñible:

A convocatoria está asinada electronicamente pola Alcaldía do Concello de Vilar de Barrio.

Comments