Ir o contido principal

Chantada abre a convocatoria para crear unha bolsa de emprego de monitor/a deportivo-socorrista

O Concello de Chantada publicou a convocatoria e as bases para a selección de monitor/a deportivo-socorrista como persoal laboral temporal adscrito á Área de Deportes.

O proceso selectivo realizarase mediante o sistema de concurso-oposición e permitirá a creación dunha bolsa de emprego para cubrir necesidades temporais nas instalacións deportivas municipais.

Entre as funcións do posto figuran a impartición de actividades deportivas, a atención ao público, a apertura e peche das instalacións, o control da seguridade das persoas usuarias da piscina e a intervención en emerxencias médicas e actuacións de salvamento acuático.

As persoas aspirantes deberán contar, como mínimo, co título de ESO, ademais de cumprir os requisitos xerais de acceso ao emprego público e acreditar o coñecemento da lingua galega segundo o establecido nas bases específicas.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

As bases completas poden consultarse no taboleiro de anuncios e na web municipal do Concello de Chantada.

Comments