Ir o contido principal

O Concello de Pol convoca unha praza temporal de traballador/a social e crea unha bolsa de reserva

O Concello de Pol aprobou as bases do proceso selectivo para a contratación temporal dun/ha traballador/a social a xornada completa por un período máximo de 12 meses. A convocatoria inclúe tamén a creación dunha bolsa de reserva para futuras necesidades do servizo.

A contratación realizarase ao abeiro das subvencións da Xunta de Galicia destinadas ao cofinanciamento dos servizos sociais comunitarios de titularidade municipal, reguladas no Decreto 99/2012, do 16 de marzo.

O sistema de selección será mediante oposición e as bases reguladoras poden consultarse na páxina web, na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello de Pol.

O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo.

Comments