Subvencións a Entidades de Voluntariado Privadas
A Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude ven de publicas as bases que rexerán a concesión das subvencións ás entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado e procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento BS508B).
Entidades beneficiarias
Entidades de acción voluntaria de carácter privado que realicen proxectos de voluntariado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 30 de setembro de 2026.
Obxecto e finalidade
Establecer as bases reguladoras polas que se rexerá o procedemento de concesión das subvencións dirixidas a entidades de acción voluntaria de carácter privado para o fomento e a realización de actividades de voluntariado desde o 1 de xaneiro de 2026 ata o 30 de setembro de 2026, e proceder á súa convocatoria. Os programas e as actividades de acción voluntaria presentados polas entidades de carácter privado e sen ánimo de lucro deberán desenvolverse no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia.
A contía máxima da axuda por proxecto non poderá superar a cantidade de 4.000 euros nin o 75 % do orzamento total do proxecto presentado.
Coa solicitude presentarase o documento do proxecto de actividades. Admitirase un só proxecto por entidade coa súa denominación/nome, os obxectivos, a identificación dos problemas que se pretenden abordar e o número aproximado de persoas beneficiarias. Este irá acompañado do número de persoas voluntarias coas cales se pretende executar o proxecto e do número de días que participará cada unha delas, así como dun orzamento desagregado do custo de todas as actividades. Este proxecto de actividades de voluntariado non pode ser igual ao presentado pola mesma entidade no caso de haber outra convocatoria de axudas desta consellería en materia de voluntariado.
A concesión da axuda tramítase en réxime de concorrencia competitiva. A contía da axuda por proxecto calcularase de forma proporcional á puntuación obtida, de acordo cos criterios de valoración do artigo 12 da orde de convocatoria, ata esgotar o crédito dispoñible.
Prazo de presentación de solicitudes: do 22 de maio ao 22 de xuño de 2026
Máis información: DOG DO 21/05/2026




Comments