Ir o contido principal
sin ánimo de lucro

Bases subvencións a entidades sen fins de lucro 2026 no Concello de Bergondo

O fin destas bases é establecer os criterios e o procedemento para conceder as subvencións municipais, de acordo cos principios de publicidade, libre concorrencia e igualdade, para a realización de actividades que complementen ou suplan ás atribuídas á competencia municipal; ou que en xeral contribúan ó fomento dos intereses xerais ou sectoriais da veciñanza do concello de Bergondo.

As condicións para inscribirse poden consultarse nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes determinarase no extrato desta convocatoria que se publicará no Boletín Oficial da Provincia, través do Sistema Nacional de Publicación de Subvenciones.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/25/2026_0000003278.html

Comments