A Pastoriza convoca o proceso selectivo para formar a Brigada Municipal de Prevención e Extinción de Incendios Forestais 2026
O Concello da A Pastoriza publicou a convocatoria pública para a selección de persoal laboral temporal destinado á Brigada Municipal de Prevención e Defensa contra Incendios Forestais correspondente ao ano 2026.
A resolución da Alcaldía, asinada o 20 de maio de 2026, aproba as bases reguladoras do proceso selectivo, que se realizará mediante o sistema de concurso-oposición.
A convocatoria contempla a contratación dos seguintes postos:
- 1 xefe/a de brigada
- 3 peóns de brigada
- 1 peón-condutor
As persoas interesadas poden consultar as bases completas na páxina web oficial do Concello da Pastoriza e no taboleiro municipal de anuncios.
O prazo de presentación de solicitudes será de cinco días hábiles contados desde a publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOP).




Comments