Ir o contido principal

Dúas prazas de Peóns Forestais no Concello de A Baña

É obxecto das presentes bases a contratación dun/ha traballador/a como PEÓN/A FORESTAL grupo de cotización 10 en réxime laboral temporal vinculado a programas de políticas activas de emprego (código de contrato 405), por un período de 9 meses, para desenvolver o servizo denominado “PLANIFICACIÓN PREVENTIVA, VALORACIÓN FORESTAL, LIMPEZA DE MONTES E LIMPEZA E MANTEMENTO DE VÍAS”, a cargo da subvención para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026 (código de procedemento TR351G). (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2026). Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

A selección da persoa traballadora será mediante a presentación de oferta de emprego no Servizo Público de Emprego. A ocupación demandada na oferta pública que esta entidade solicita corresponde cos códigos do CNO :PEÓNS/AS FORESTAIS 95431028.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/26/2026_0000003343.html

Comments