Praza de Operario de maquinaria forestal no Concello de A Baña
É obxecto das presentes bases a contratación dun/ha:traballador/a como OPERARIO/A MAQUINARIA FORESTAL, grupo de cotización 9 en réxime laboral temporal vinculado a programas de políticas activas de emprego (código de contrato 405), por un período de 9 meses, para desenvolver o servizo denominado “PLANIFICACIÓN PREVENTIVA, VALORACIÓN FORESTAL, LIMPEZA DE MONTES E REPARACIÓN E LIMPEZA E MANTEMENTO DE VÍAS”, a cargo da subvención para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o exercicio do ano 2026 (código de procedemento TR351G). (DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2026). Consellería de Emprego, Comercio e Emigración.
A publicidade das bases farase mediante anuncio no Boletín Oficial da Provincia da Coruña, no taboleiro de edictos do concellos de A Baña, na páxina www.concellodabana.gal e no taboleiro de anuncios da sede electrónica municipal https://sede.concellodabana.gal/sxc/gl/informacion/
O prazo de presentación non aparece por ser un proceso realizado pola axencia de emprego local.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/26/2026_0000003340.html




Comments