Ir o contido principal

Praza Operario de Servizos Varios no Concello de Dodro

O obxecto desta convocatoria é a contratación dun/dunha operario/a de servizos varios para a realización de obras e servizos municipais no Concello de Dodro ao abeiro do Programa PEL-CONCELLOS 2026 da Deputación provincial da Coruña (BOP núm. 197, do 15 de outubro de 2025), utilizando o sistema de selección do concurso-oposición, así como a formación dunha listaxe de reserva para o citado programa no 2026.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As persoas que desexen tomar parte desta selección deberán presentar as súas instancias dirixidas ao Sr. Alcalde-Presidente no modelo que se engade como Anexo I, presentaranse no Rexistro Xeral do Concello de Dodro en horario de atención ao público (luns a venres de 9:00 a 14:00 horas) ou por calquera outro medio válido en dereito, recollido na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no prazo de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia da Coruña.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/26/2026_0000003325.html

Comments