Ir o contido principal

Praza de inspector da Policía Local, quenda libre no Concello da Coruña

O concelleiro delegado responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, con data do 8 de maio de 2026, adoptou a seguinte resolución:

Primeiro.- Modificar a redacción da base 6.1.d), relativa ó baremo de distincións e recompensas oficiais, das bases específicas para a cobertura, pola quenda de mobilidade, dunha praza de inspector/a da policía local (subgrupo A2), da escala de administración especial, subescala servizos especiais, aprobadas mediante Resolución do Concelleiro responsable de Economía e Planificación Estratéxica, por delegación da Xunta de Goberno Local, de data do 31/03/2026 (BOP núm. 62 do 06/04/2026).

Segundo.- Publicar a devandita modificación no BOP e na páxina web do Concello da Coruña (https://www.coruna.gal). Esta modificación non supón unha alteración no prazo de presentación de instancias, xa que non prexudica os dereitos de ningún terceiro, nin supón a necesidade de achega de nova documentación, remitíndose ó disposto na normativa específica aplicable aos corpos da Policía Local.

Terceiro.- De acordo co previsto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, e na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa, contra a presente resolución, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse, con carácter potestativo, un recurso de reposición no prazo dun mes ante o mesmo órgano que a ditou ou un recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa contados a partir do día seguinte ao da publicación da disposición impugnada ou ao da notificación ou publicación do acto que poña fin á vía administrativa. No caso de interpoñer un recurso de reposición, non se poderá interpoñer un recurso contencioso-administrativo ata que aquel sexa resolto expresamente ou se produza a súa desestimación presunta.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/26/2026_0000003345.html

Comments