Piñor convoca cinco prazas de peón/a forestal mediante concurso-oposición
O Concello de Piñor aprobou, mediante Resolución da Alcaldía do 12 de maio de 2026, as bases e a convocatoria para a selección de cinco postos de peón/a forestal polo sistema de concurso-oposición.
As prazas están subvencionadas ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026, pola que se regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural dentro do programa Galicia Suma Talento: Rural Activo (procedemento TR351G), publicada no DOG nº 24 do 5 de febreiro de 2026.
O prazo de presentación de solicitudes será de tres días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia. Poderán presentar solicitude as persoas preseleccionadas pola Oficina de Emprego do Carballiño, de acordo co establecido no artigo 14 da citada orde.
As bases completas da convocatoria poden consultarse na sede electrónica do Concello de Piñor e no taboleiro de anuncios municipal:
Sede electrónica do Concello de Piñor
Os sucesivos anuncios relacionados con este proceso selectivo publicaranse tamén na sede electrónica e no taboleiro de anuncios do Concello.
Contra estas bases, que poñen fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante a Alcaldía no prazo dun mes, ou ben recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Ourense no prazo de dous meses.




Comments