Ir o contido principal
Coche de rally

Subvencións para deportistas individuais de automovilismo no Concello de As Somozas

Constitúe o obxecto desta convocatoria a ordenación do procedemento aplicable para o outorgamento de premios, anualidade 2026, destinados a deportistas individuais (pilotos) da disciplina automobilismo nas sete categorías incluídas no calendario da Federación Galega de Automobilismo.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo para a presentación de solicitudes é ata o dia 31 de outubro de 2026 e comeza a partir do día seguinte á publicación do extracto da convocatoria no BOP de A Coruña. Cada piloto deportista só poderá presentar una única solicitude (Anexo I) e optar a un único premio, independentemente do número de modalidades deportivas de automobilismo que practique.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/27/2026_0000003382.html

Comments