O Concello de Pazos de Borbén convoca unha praza interina de coordinador/a de información xeral-auxiliar administrativo/a
O Concello de Pazos de Borbén aprobou a convocatoria e as bases reguladoras para o nomeamento de funcionario/a interino/a dunha praza de coordinador/a de información xeral-auxiliar administrativo/a, pertencente á escala de Administración Xeral, grupo C, subgrupo C2, así como a creación dunha lista de reserva.
Características da convocatoria
- Posto convocado: Coordinador/a información xeral - auxiliar administrativo/a
- Réxime: Funcionario/a interino/a
- Grupo/Subgrupo: C2
- Sistema de selección: Concurso-oposición
- Administración convocante: Concello de Pazos de Borbén
Prazo de presentación de solicitudes
O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra.
Publicación das bases
As bases completas e demais información da convocatoria poden consultarse:
- No taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello de Pazos de Borbén
- Na páxina web municipal
Máis información
- Sede electrónica: https://pazosdeborben.sedelectronica.gal
- Web municipal: https://pazosdeborben.gal




Comments