Ir o contido principal

A agrupación A Teixeira-Parada de Sil convoca unha praza temporal de traballador/a social

A agrupación de concellos A Teixeira-Parada de Sil aprobou as bases para a selección e posterior contratación dun/dunha traballador/a social.

A resolución foi asinada pola Alcaldía con data do 25 de maio de 2026.

Características da convocatoria

  • Posto convocado: Traballador/a social
  • Tipo de contrato: Laboral temporal
  • Duración do contrato: 1 ano desde a incorporación
  • Administración convocante: Agrupación A Teixeira-Parada de Sil

Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para presentar solicitudes será de cinco días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

No caso de que o quinto día coincida en sábado ou festivo, o prazo finalizará o seguinte día hábil.

Presentación de solicitudes

As solicitudes poderán presentarse:

  • No Rexistro Xeral do Concello de A Teixeira, en horario de 9:00 a 14:00 horas, de luns a venres
  • A través das formas previstas no artigo 16 da Lei 39/2015

No caso de presentación por outros medios, deberá comunicarse dentro do mesmo prazo mediante correo electrónico ao enderezo:

Máis información

As bases completas da convocatoria poden consultarse no Concello de A Teixeira en horario de oficina.

Comments