Ir o contido principal

O Concello de Láncara abre unha bolsa de emprego temporal para Axente de Emprego e Desenvolvemento Local

O Concello de Láncara aprobou as bases para a elaboración dunha listaxe de emprego temporal destinada á contratación de persoal laboral temporal como Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.

A resolución de alcaldía foi aprobada o 21 de maio de 2026 e a convocatoria xa se pode consultar na sede electrónica municipal.

Características da convocatoria

  • Creación dunha bolsa de emprego temporal.
  • Posto: Axente de Emprego e Desenvolvemento Local.
  • Réxime: persoal laboral temporal.

Prazo de presentación

O prazo para presentar solicitudes será de 10 días hábiles contados desde o día seguinte á publicación do anuncio da convocatoria BOP.

Máis información

As bases completas e a convocatoria están dispoñibles na sede electrónica do Concello de Láncara:
https://lancara.sedelectronica.gal

Comments