Seis prazas de Emprego público no Concello de Cedeira
É obxecto da presente convocatoria a regulación dos procesos selectivos, así como das convocatorias, para a provisión en propiedade das prazas vacantes incluídas nas ofertas de emprego público dos anos 2023 e 2025 do Concello de Cedeira, con persoal funcionario de carreira e persoal laboral fixo, de conformidade co disposto no artigo 70 do Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público.
As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.
A presentación de solicitudes farase segundo o sinalado no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas durante o prazo de VINTE (20) DÍAS HÁBILES, contados desde o día seguinte da publicación do anuncio da convocatoria específica no BOE, toda vez se teñan publicadas as presentes bases reguladoras no BOP de A Coruña e anuncio de convocatoria no DOG.
Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/29/2026_0000003466.html




Comments