Ir o contido principal

Bolsa de emprego de Educador social no Concello de A Laracha

É obxecto das presentes bases a creación dunha bolsa de emprego municipal para a cobertura, con carácter temporal, do posto/s de traballo de Educador/a Social (Grupo A2/Categoría II), funcionario/a interino/a ou persoal laboral temporal, nos que a súa cobertura se considere necesaria en supostos de vacantes, acumulación de tarefas, vacacións, incapacidades temporais, permisos, licenzas, etc. do cadro de persoal.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

As solicitudes para tomar parte no proceso dirixiranse a Sr. Alcalde deste Concello, e presentaranse na sede electrónica do Concello https://sede.alaracha.gal ou nalgún dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas, no PRAZO DE CINCO (5) DÍAS HÁBILES, contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/29/2026_0000003447.html

Comments