Ir o contido principal

Dúas prazas de Peóns forestais no Concello de Paderne

Por Decreto Nº 276/2026 de 26/05/2026 o Alcalde-presidente do Concello de Paderne resolveu convocar procedemento público para a contratación laboral temporal de dous peóns forestais, ao abeiro da Orde do 22 de xaneiro de 2026 pola que se establecen as bases que regulan as subvencións para o fomento do emprego no medio rural, programa Galicia Suma Talento: Rural Activo, e se procede á súa convocatoria para o ano 2026 (código de procedemento TR351G) , por un período de nove meses, e aprobar as bases para a realización do correspondente concurso-oposición.

As bases están a disposición dos/as interesados/as no taboleiro de anuncios da sede electrónica do Concello https://sede.concellodepaderne.es/gl/.

É requisito ser candidato/a remitido polo Servizo Público de Emprego de Galicia segundo a correspondente Oferta de Emprego presentada na Oficina de emprego de Betanzos.

O prazo de presentación de instancias será de 5 días naturais, contados a partir do día seguinte á data de publicación do presente anuncio no BOP.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/05/29/2026_0000003473.html

Comments