Ir o contido principal

Praza de Director do CIM no Concello de Arteixo

É obxecto da presente, a convocatoria e regulación das bases que rexerán o proceso selectivo, por quenda restrinxida de promoción interna, para cobertura en propiedade como persoal laboral fixo a xornada completa dunha praza do posto de Directora/Director do CIM , grupo I (equiparado Grupo A, Subgrupo A1 , Escala de Administración Especial, Subescala Técnica, complemento destino 26 (establecidos no artigo 76 do Real Decreto Lexislativo 5/2015, de 30 de outubro, do texto refundido do EBEP), e complemento específico anual 14.389,79 €, polo procedemento de concurso-oposición.

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de instancias será de 20 días naturais contados desde o seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no DOG, toda vez se teñan publicadas as presentes bases reguladoras no BOP da Coruña e na sede electrónica e taboleiro de edictos. Complementariamente, as bases publicaranse na web municipal aos meros efectos informativos, sen que tal publicidade sirva para determinación algunha de prazos de presentación de instancias.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/02/2026_0000003533.html

Comments