Ir o contido principal
material escolar

Axudas municipais á escolarización no curso 2026/27 no Concello de Cerceda

O obxecto das presentes bases é a regulación normativa do réxime xurídico aplicable á convocatoria pública efectuada polo Concello de Cerceda para a concesión de subvencións de carácter económico, destinadas a familias para a cobertura de gastos de material escolar, libros de texto e/ou vestiario básico, cuxa adquisición resulte imprescindible para a formación académica do alumnado durante o curso 2026/2027. Esta convocatoria réxese pola Ordenanza Xeral de Subvencións do Concello de Cerceda (BOP núm. 120, do 26 de xuño de 2014).

As condicións para inscribirse poden ser consultadas nas bases detalladas no enlace inferior.

O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días naturais contados a partir do día seguintes ao da publicación da convocatoria no BOP, de conformidade co procedemento establecido no artigo 20.8. da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións.

Máis información aquí: https://bop.dacoruna.gal/bopportal/publicado/2026/06/02/2026_0000003554.html

Comments