UVigo | Bolsas Prácticas Alén do Miño-Eures Transfronteirizo 2025/2026
A Universidade de Vigo convoca as bolsas Alén do Miño para a realización de prácticas académicas externas no marco do programa Eures Transfronteirizo Galicia-Norte de Portugal, curso 2025/26.
A quen vai dirixido:
Para público en xeral
Inscricións:
Ata o 18/06/2026
Requisitos:
- Estar matriculado na Universidade de Vigo no curso 2025/2026 durante todo o período de duración da bolsa nas titulacións oficiais de grao ou máster universitario da Universidade de Vigo.
- No caso dos estudos de grao, deberá ter superados o 50% dos créditos ata o curso 2024/2025.
- Contar coa carta de pre-aceptación da empresa/institución onde se realizan as prácticas nas que se inclúa o programa das prácticas que deberá estar vencellado coas competencias da titulación universitaria cursada.
- Non ter relación contractual coa empresa/institución proposta para realizar as prácticas...
Remuneración / Custo:
A contía individual será de 950€/mes a cal estará suxeita ás obrigas de cotización á Seguridade Social (cota obreira) que estableza a normativa vixente nesta materia.
Páxina web:
Contacto:
Servizo de Axudas ao Estudo, Bolsas e Prezos Públicos da Universidade de Vigo
Edificio Exeria. As Lagoas, Marcosende. 36310- Vigo (Pontevedra)
tel: 986 814 094 | 986 813 611 | 986 813 612
e-correo: bolsasformacion@uvigo.gal
Publicación: DOG 01/06/2026
BDNS (Identif.): 907602




Comments